Algunhas pezas do Concertazo contra o decretazo organizado po Queremos Galego (Pontevedra, 17 de abrilde 2010)
Luar Na Lubre no macrofestival Queremos Galego
uploaded by queremos2010 at youtube.com
Camariñas e Pousa... ata que quedei sen batería :/
Queremos Galego - Lamatumba - 17-04-10 - www.pixelinphoto.com
uploaded by pixelin2 at youtube.com
A que se montou no concerto de queremos Galego en Pontevedra con Lamatumba
Queremos Galego 2 - Lamatumba - 17-04-10 - www.pixelinphoto.com
uploaded by pixelin2 at youtube.com
A QUENLLA - Gorgeous Galician song about the year 1846
uploaded by xensboy at youtube.com
In the manner of Bob Dylan's "Hurricane," this amazingly beautiful song has a breathtaking string section, accompanied by accordion. The bass notes will hypnotize you. This composition, a heartfelt defense of the Galician language and land, relates to events from the year1846, when some homeland martyrs were killed in the town of Carral. I'm very sorry about the crowd noise.
Today I feel very sad, because during this concert for my land of Galiza the young spokesman Carlos Callón announced the tragic and absurd news that the Galician government, led by Alberto Núñez Feijóo, is actually going to spend one million euros in a campaign that is designed to do away with Galician, the noble language of one of the world's greatest poets: Rosalía de Castro.
This band is called A Quenlla, and today I plan to upload another song by them from this historical concert, held yesterday, April 17th, 2010, in the city of Pontevedra.
* Onte emocionoume moito esta canción. Son bágoas pola nosa terra de ingratos e polo noso nobre idioma ancestral. Unha aperta para os magníficos músicos e cantantes de A Quenlla.
* Falei co cantante solista neste tema, Mero, e díxome que a letra é de Manuel María e a música é do propio Mero e foi composta para unha obra de teatro titulada "Abril de lume e ferro" na que se honra aos Mártires de Carral, para os que tamén escribiu un poema o meu ídolo Aurelio Aguirre.
* Vídeo adicado a María José Cobas Otero.
FUXAN OS VENTOS: beleza e tenrura en Pontevedra (17 / IV / 10)
uploaded by xensboy at youtube.com
Penso que nunca vin unha muller maior tan fermosa. Alguén me pode dicir o seu nome?
O talento para a harmonía do grupo Fuxan os Ventos é unha das marabillas do Mundo da Música. Aquí se resalta a asombrosa beleza e tenrura do idioma galego.
A QUENLLA - Como un irmao che falo
uploaded by xensboy at youtube.com
Emocionante interpretación, dende Pontevedra para o mundo, do grupo galego A Quenlla. 17 de abril do 2010. O cantante solista Mini, semellante a Lev Tolstoi, extende a súa solidariedade coas persoas en necesidade que igual están lonxe, pero preto de nós.
BERROGÜETTO + ESPIDO en Pontevedra (para Flora)
uploaded by xensboy at youtube.com
Actuacións do 17 de abril de 2010, en defensa do idioma galego, ameazado polas medidas, que agora ao parecer implican un gasto de nada menos que un millón de euros, tomadas polo actual goberno da Galiza que preside Alberto Núñez Feijóo. Para a Historia quedará esta ilustre iniciativa da dereita galega.
FÍA NA ROCA / O clarinete árabe
uploaded by xensboy at youtube.com
Como eu son do Araño, non me agradan moito que digamos estas letras dunha canción tradicional moi popular que o grupo Fía na Roca interpreta verdadeiramente ben. É outra actuación que subo do festival da Plataforma Queremos Galego celebrado en Pontevedra capital o 17 de abril do 2010.
Lembro que na versión gravada deste tema a cargo de Fuxan Os Ventos as letras da canción derivaban ao escatolóxico, facéndoa moi burda.
Por certo que, dentro do riquísimo caudal da canción galega, hai tal vez só outra máis que non soporto ben: a de " miudiño miudiño ... unha borrachei - ra - a - a".
De calquer xeito, aquí os de Fía Na Roca agasallan ao público reunido en Pontevedra para defender o idioma galego e a cultura propia cun maxestuoso solo de clarinete con aires árabes.
XURXO SOUTO e o baixista prodixioso
uploaded by xensboy at youtube.com
En directo en Pontevedra, 17 de abril do 2010.
Ola. Quedei alucinado no recinto ferial de Pontevedra, dentro do macroconcerto organizado pola Plataforma Queremos Galego en defensa do noso precioso idioma ancestral, cando vin o extraordinario talento deste baixista.
Vouvos contar algúns dos baixistas que teño visto en directo:
- Sting
- Dee Dee Ramone
- Donald "Duck" Dunn - na Coruña con Neil Young!
- Mike Mills, de R.E.M.
- Mat Osman, de Suede
- Andy Rourke, dos Smiths
- Ekhi, de Delorean
- Isabel Cea, de TAB
- Oriol Francisco, de Mendetz
- Gambit, de Manu Chao
- Flea, dos RHCP
... Ben, pois o baixista de Xurxo Souto, do que percibín só o nome de Antón, é un dos mellores que vin en directo. Moi funky e cheo de enerxía e ritmo. Fantástico. E galego!
* Sinto non ter gravado máis da súa actuación - Xurxo e os outros compañeiros, cos seus divertidos bailes, animaron moito ó público - pero aquí queda esta humilde mostra. Gústame moito o adorno do baixo en 0:50 - 0:52.
festival-linguapontevedra.avi
uploaded by Milprimaverasgalefas at youtube.com
Remate do Festival pola Lingua feito en Pontevedra e organizado pola Plataforma Queremos Galego.
Would you like to comment?
Join Embedr for a free account, or sign in if you are already a member.